Queremos que no mesmo sitio
onde se brindou pola liberdade haxa un estoupido que percorra o país
e que
chame en cada localidade, en cada lugar onde haxa cidadanía activa, a iniciar
un proceso aberto a todas as persoas que desexen unha candidatura nacional
galega. Unha suma de forzas de abaixo arriba, de norte a sur e de este a
oeste que lle dea forza e voz á nación nun tempo no que cousas
fundamentais van ser discutidas nas Cortes, e que contribúa, con outras
propostas no Estado, a coller o temón e mudar o actual rumbo cara o desastre
social que leva o conxunto da sociedade española.
Convidámoste a participar,
este 23 de Agosto, no debate aberto para a constitución dun Movemento Cidadán
por unha Candidatura Galega.
Será a partir das 12,00 na
praza Aurelio Aguirre de Conxo (pendente dos permisos pertinentes).
Coa seguinte orde do día:
·
12,00 Recepción e debate xeral
·
13,30 Constitución dos grupos e traballo no seu
seo
·
15,00 Pausa
·
15,30 Posta en común e conclusións
·
17,00 Previsión de remate.